O Centro de Formación Profesional foi construído en Marzo do 1986 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, coa finalidade de que as Misioneras do Divino Maestro puidesen impartir formación aos rapaces e rapazas máis necesitados.
Ao longo destes máis de 30 anos foron numerosos alumnos e alumnas os que se formaron no CPR Divino Maestro en ensinanzas como:

  • Formación Profesional I Rama Administrativa e Comercial
  • Programas de Garantía Social
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial
  • Cursos para Desempregados Especialidade Administrativa
  • Cursos para Desempregados Especialidade Corte e Confección
  • Ciclo Medio de Formación Profesional en Xestión Administrativa