IN MEMORIAN
Ao principio da década dos 90, o grupo de Misioneras del Divino Maestro, afincado na Pobra do Caramiñal xa dende a década anterior, facendo honra da súa vocación de misión docente, desenvolve un proxecto pioneiro naquel entonces no noso pobo, dirixido a toda aquela poboación que optaba por unha formación profesional da rama administrativa.
Foi o crear e poñer en marcha o centro de Formación Profesional Pedro Barrié de la Maza, coa colaboración desa fundación, centro de formación profesional único no noso concello naquel momento e un dos moi poucos existentes na comarca do Barbanza.
Dúas relixiosas e un profesor seglar, inician xuntos un novo camiño, arduo e superando moitas dificultades conseguen co seu esforzo, traballo diario e o seu bo facer que este centro fora medrando, e xunto co resto de profesorado que se ía incorporando co paso dos anos foron capaces non tan só de manter o centro en funcionamento estos 30 últimos anos, senón convertelo nun referente a nivel comarcal da ensinanza profesional da familia de administración e xestión, actualmente ciclos formativos, onde non só se consegue unha titulación senón que se adquire unha proxección real e transversal, práctica e efectiva para a inserción no mundo laboral, así o demostra todo o alumnado que ao longo destes 30 anos se formou para a súa vida laboral e profesional.
A medida do paso do tempo o centro foi contando con máis profesorado, medios e recursos, e pasaron polas súas aulas decenas de alumnos/as onde a cada un se lle ofreceu a atención específica que cadaquén requería segundo as súas circunstancias.
Ao frente de todo isto e ata hai uns poucos anos , a “hermana Anuncia “, Anuncia Cambra , converteu o centro non só nun centro de ensinanza, senón nun lugar onde ela puxo en práctica todo o que conleva ser profesor/a, tendo como exemplo permanente ao Maestro de maestros, ao Divino Maestro.
O seu obxectivo foi más aló de impartir coñecementos, ela realizaba ademáis do seu labor docente, un labor de acollida, acompañamento, preocupación polas necesidades de todos e cada un, por botar unha man e impulsar ao máis desfavorecido, por buscar solucións ou alivio a todo aquel que o necesitara. En definitva un comportamento de vida cristiá que ela exercía e transmitía no seu día a día.
Seguiu en contacto co seu centro de A Pobra ata o último momento aínda que estivese lonxe de aquí, cos seus compañeiros e compañeiras, cos que tanto traballou codo con codo.
Hoxe sentimos a súa partida todos nós e todos aqueles alumnos e alumnas que a coñeceron, conservamos todo aquelo que nos trasmitiu.
Que Deus a acolla na súa morada. Descanse en paz.
Comunidade educativa Centro P. Barrié de la Maza
Divino Maestro- A Pobra do Caramiñal