CURSO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2017/104221

ADGG0508 OPERACIÓNS DE GRAVACION E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS

Horario de Tarde: 16:00-21:00, do 04/12/2017 a 30/04/2018
ORDE do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para os exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301U).

Persoas destinatarias da formación: 
Esta acción formativa está dirixida ás persoas que poden beneficiarse dunha acción derivada do marco de garantía xuvenil, e que, conforme o previsto no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil deben estar inscritas no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil ou norma que a substitúa no momento da selección.
2. As persoas novas seleccionaranse, sempre que a acción formativa se axeite ao previsto no correspondente itinerario de inserción personalizado (IPI). O IPI supón a  laboración dun itinerario integrado e adecuado ao perfil da persoa que terá como fin último a incorporación da persoa nova ao mercado laboral dunha maneira sustentable e duradeira no tempo.

 

Programa do curso temporizado por módulos e relación do persoal docente

Picture 1 of 1

 

Calendario do Curso

Picture 1 of 4

 

 

Dereitos e deberes do alumnado e dos centros de formación

Picture 2 of 3