Cerrar en el hombre empleado dedo presione en la calculadora para administrar los gastos concepto Foto Premium

Ciclo Formativo de Grao Medio en XESTIÓN ADMINISTRATIVA

Duración: 2.000 horas.

Estes TÉCNICOS ESPECIALISTAS terán ao rematar este ciclo a capacidade para realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, asi como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de Protección ambiental.

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pagamento.

1º curso

2º curso

Formación e orientación laboral
Empresa na aula
Operacións auxiliares de xestión e tesourería
Operacións administrativas de recursos humanos
Inglés
Tratamento da documentación contable
Técnica contable
Empresa e administración
Operacións administrativas da compravenda
Comunicación empresarial e atención á clientela
Tratamento informático da información
Formación en centros de traballo