FORMACIÓN PROFESIONAL

Ciclo Formativo de Grao Medio XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental

 

O título de técnico en xestión administrativa identifícase polos seguintes elementos:

  • Denominación: xestión administrativa.
  • Nivel: formación profesional de grao medio.
  • Duración: 2.000 horas.
  • Familia profesional: administración e xestión.
  • Referente europeo: CINE–3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación)

 

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pagamento.